IES VALADARES

IES VALADARES

viernes, 12 de febrero de 2016

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA PAZ

O día 29 de xaneiro de 2016 (adiantándonos un día á conmemoración oficial), o CEIP Sobreira e o IES VALADARES celebramos o Día escolar da paz e a non-violencia cunha xuntanza de todo o alumnado nas instalacións do IES.

Grandes e pequen@s compartimos tempo, espazo e obxectivos: concienciar sobre a importancia da resolución pacífica de conflitos, sobre a necesidade de acoller ás persoas pertencentes a pobos que sofren persecución, guerra ou fame e sobre as vantaxes de vivir en harmonía co medio.
Das noticias da prensa escrita recortaron aquelas relacionadas con distintos tipos de violencia (violencia machista, bombardeos, exilio, acoso laboral, escolar, sexual, desafiuzamentos, explotación, ... ) e en pequenos obradoiros no chan, o alumnado do IES aprendeulle ao alumnado do CEIP como realizar un corazón a partir dos seus recortes, símbolo isto da metamorfose positiva á que debemos aspirar os seres humanos. Na cerna da nosa reivindicación latexaba o pensamento de Gandhi, asasinado un 30 de xaneiro: " non se pode ser xenuinamente non-violento e permanecer pasivo ante as inxustizas sociais" .


Posteriormente, todos e todas, collidos da man nun elo fraternal,  baixamos ao patio e debuxamos cos nosos corpos a palabra PAZ. Asemade, unha profesora do CEIP lía o "Manifesto pola paz" redactado para ese día.




Despedimos a celebración cantando "Bajo el mismo sol" de Jennifer López e Álvaro Soler e regresamos ás aulas saboreando un doce corazón vermello.


No hay comentarios:

Publicar un comentario