IES VALADARES

IES VALADARES

martes, 2 de febrero de 2016

DÍA MUNDIAL DA XUSTIZA SOCIAL - 20 DE FEBREIRO

O 20 de Febreiro é o Día Mundial da Xustiza Social, un momento ideal para traballar sobre as desigualdades e os valores de tolerancia, respecto e convivencia. Para reflexionar sobre este dia aconsellamos a lectura de unha novela que aposta pola convivencia como valor máis importante para previr as desigualdades sociais e lograr un mundo máis xusto.



GÓMEZ CERDÁ, Alfredo: Sin máscara. SM, 2005.

Esta novela de 144 páxinas entusiasma desde o comezo. Nun principio, a relación entre Roberto e Lúa parece difícil de concibir. El é un mozo de boa familia e ela vive nun barrio obreiro de Madrid. Con todo, namoraranse e a súa relación, sincera e honesta, servirá de contrapunto a un mundo duro, cheo de hipocresía, onde cada persoa non é o que parece. Parece unha novela de amor pero é moito máis.


No hay comentarios:

Publicar un comentario