IES VALADARES

IES VALADARES

viernes, 4 de marzo de 2016

CLUB DE LECTURA - FRAN P. LORENZO O VINDEIRO LUNS

O vindeiro luns 7 de marzo, ás 18'30, teremos no noso Club de Lectura ao escritor Fran P. Lorenzo para falarnos da súa novela Cabalos e lobos gañadora do Premio Blanco Amor 2014.



Naceu en Vigo en 1973. É licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago (1995) e traballou entre outras cabeceiras en Galicia Hoxe e O Correo Galego, onde segue a exercer na actualidade. Foi un dos fundadores do xornal dixital Diovivo e mantén o blog Un país en lata.



    
“Pasaran máis de quince anos e mamá aínda se refería a aquela noite de verán de 1960 como a Noite da Caída. Esa elipse poética convertía o suicidio do meu pai nun acto involuntario e fatal pero, sobre todo, evítaballe a ela a dolorosa obriga de buscarlle explicacións. A morte de papá abateu o loito sobre a alma de Gloria e converteu a casa de Gran Vía nº2 nunha embaixada de infelicidade. Sen sabelo e poida que sen querelo, Ramón Costa, axente comercial e de tránsitos, administrador delegado da sociedade familiar Sucesores de A. Beckmann, puxéralle o punto final a un relato que tamén era o noso. O meu nome figura xa nas primeiras liñas dun novo episodio: Paula Costa Beckmann. Eu son a nena de tres anos que chora na escuridade... “
                                          Cabalos e lobos, ed. Xerais 2015





No hay comentarios:

Publicar un comentario